Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 2.500 atletas participan na sexta proba do Circuíto Larsa de Carreiras Populares Corre con Nós


# Venres, 15/05/2009
Será o sábado 16 de maio a partir das 17:00 horas nas inmediacións do recinto feiral

O vindeiro sábado, 16 de maio, celébrase nas inmediacións do Pazo de Feiras e Exposicións a sexta proba do Circuíto Larsa Corre con Nós.

A proba terá lugar a partir das 17:00 horas con saída no paseo do Miño e discorrendo por diversos circuítos en función das diferentes categorías e idades.

  • A categoría A sairá ás 17:00 horas e percorrerá unha distancia de 575 metros.
  • A categoría B  sairá a continuación percorrendo 975 metros.
  • Os atletas das categorías C e D percorrerán 1.950 metros.
  • Os últimos en participar serán os da categoría adultos que percorrerán un circuíto de 4.260 metros.  

Ata o momento hai un total de 2.576 atletas inscritos na proba, 1.310 adultos e 1.269 rapaces.

A partir das 15:00 horas quedará cortado o acceso á Avenida da Fábrica da Luz por mor da montaxe que fará a organización e porque parte do circuíto discorrerá polas inmediacións dos pavillóns da feira, zona verde e zona do paseo fluvial.

Máis información no portal de Circuito de Carreiras Populares Corre con Nós




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova