Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RECIBE O PERGAMINO DA PAZ DO MOVEMENTO PERMANENTE MARCHA UNIVERSAL PARA A PAZ A SANTIAGO DE COMPOSTELA


15/5/2009 Na III Marcha participaron cen caminantes de diferentes nacionalidades

O Concello de Lugo recibiu esta mañá na Praza Maior o Pergamino da paz outorgado pola súa colaboración ao Movemento Permanente da Marcha Universal para a Paz a Santiago de Compostela que tivo lugar en agosto do ano pasado.

Na III Marcha Universal para a Paz participaron un total de cen camiñantes de 20 nacionalidades que partiron simultaneamente de cinco puntos diferentes de Galicia como representación dos cinco continentes do mundo, coa idea de transmitir a unidade e universalidade baixo o lema “No hay caminos para la paz, la paz es el camino” (Gandhi).

O Concelleiro de Protección da Comunidade recolleu este pergamino en nome do Concello e agradeceu ao movemento o seu labor en pro da paz. Animoulles a seguir traballando neste senso e desexoulles os mellores éxitos na IV Marcha que terá lugar do 8 ao 13 de agosto deste ano.