Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recibe o pergamino da Paz do Movemento permanente Marcha Universal para a Paz a Santiago de Compostela


# Venres, 15/05/2009
Na III Marcha participaron cen caminantes de diferentes nacionalidades

O Concello de Lugo recibiu esta mañá na Praza Maior o Pergamino da paz outorgado pola súa colaboración ao Movemento Permanente da Marcha Universal para a Paz a Santiago de Compostela que tivo lugar en agosto do ano pasado.

Na III Marcha Universal para a Paz participaron un total de cen camiñantes de 20 nacionalidades que partiron simultaneamente de cinco puntos diferentes de Galicia como representación dos cinco continentes do mundo, coa idea de transmitir a unidade e universalidade baixo o lema “No hay caminos para la paz, la paz es el camino” (Gandhi).

O Concelleiro de Protección da Comunidade recolleu este pergamino en nome do Concello e agradeceu ao movemento o seu labor en pro da paz. Animoulles a seguir traballando neste senso e desexoulles os mellores éxitos na IV Marcha que terá lugar do 8 ao 13 de agosto deste ano.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova