Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo amosa a súa solidariedade e apoio aos traballadores de Leite Pascual


# Venres, 15/05/2009
López Orozco mantivo un encontro co Comité de Empresas, e onte coa dirección da empresa

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo hoxe unha reunión cos membros do Comité de Empresas de Leite Pascual para coñecer a súa situación ante a regulación de emprego que a empresa plantexa levar a cabo, de xeito inminente, na pranta de Outeiro de Rei.

López Orozco dixo que está moi preocupado como Alcalde, pola situación que están a vivir estes traballadores, “xente nova que non quere que se leve a cabo unha regulación de emprego que suporía o peche dunha destacada industria transformadora de produtos lácteos na provincia, e a perda de 150 postos de traballo, aos que hai que engadir os empregos indirectos”.

O Alcalde comprometeuse a acadar un acordo co resto de grupos da corporación, e explicou que “o Equipo de Goberno defenderá que non se faga ese ERE”. De todos os xeitos, o mandatario lucense insistiu en que “a Xunta de Galicia debe implicarse, non pode mirar para outro lado” xa que na súa man está aprobar ou non a regulación de emprego.

O rexedor lucense amósase convencido de que “é posible a negociación, e iso é o que imos pedir. Os traballadores de Leite Pascual saben que contan coa nosa colaboración para pedirlle á empresa que negocie co Comité de Empresa. Estou seguro que é posible chegar a un acordo antes de pechar e deixar sen traballo a tantas persoas”.

López Orozco xa se reunira onte con representantes da dirección de Pascual, aos que animou a buscar saídas que permitan manter aberta a actividade da pranta. O Alcalde pediulles que negocien cando faga falta coa Xunta, co Goberno e con outras empresas, e que o fagan sempre pensando no futuro




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova