Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo apela á unidade do sector gandeiro para facerlle fronte á crise


# Venres, 15/05/2009
López Orozco participou na inauguración da Xornada de Vacún de Carne organizada por Unións Agrarias

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este venres na inauguración da Xornada de Vacún de Carne organizada por Unións Agrarias. No acto tamén participou a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Secretario da Executiva de Unións Agrarias, Roberto

López Orozco suliñou a necesidade de que o sector agrogandeiro continúe traballando unido para afrontar a crise económica que se está a vivir en todo o mundo “a unión fai a forza, e Lugo, como capital dunha provincia gandeira por excelencia, debe apoiar a este sector. O Concello de Lugo estará aí sempre que faga falta”

Lara Méndez, destacou que chegou o momento de aplicar solucións, afondando nos motivos polos que a produción do leite e da carne non é todo o rendible que debería, a pesar de posuir a materia prima de maior calidade de España.

A este respecto, a Vicepresidenta matizou que a baixada tan importante de prezos en orixe, que acompañada do incremento dos custes de produción e o alto valor que acada a carne no mercado, “fan que estes sexan momentos difíciles para todos”.

O 54% das vacas de carne de toda Galicia están en Lugo, de tal xeito que das 266.527 vacas que hai en total na provincia, preto de 115.317 son de carne.


Xornadas de carne vacún

Arredor de 700 gandeiros participaron na xornada que constou de tres mesas redondas nas que se analizou a situación da carne de vacún, a valorización do produto vía marca de calidade, así como a cuantificación e definición das funcións ligadas á produción da carne.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova