Imprimir

A CLAUSURA DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DE EDUCACIÓN ESTARÁ PROTAGONIZADA POLO FESTIVAL DE DANZA ESCOLAR


15/5/2009

A Concellería de Educación anunciou que o festival de danzas que habitualmente coincide coa celebración do día das Letras Galegas, este ano se trasladará ao día 31 de maio ás 11.00 horas, na Praza Maior para servir de clausura de todas as actividades extraescolares organizadas polo departamento que dirixe Dolores Vieiro.

A área de Educación puxo en marcha ao longo deste curso actividades destinadas a rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria, para contribuir á súa formación nas horas de lecer, e colaborar coa conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas do concello.

Entre outras actividades, Educación ofertou: patinaxe, danzas e xadrez, que rematarán o vindeiro domingo 31 de maio cunha exhibición de danzas dos grupos escolares.