Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inicia a instalación de dous radares e do "foto-rojo" na Ronda da Muralla


# Luns, 18/05/2009
O obxectivo é garantir a seguridade da cidadanía lucense

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concellería de Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, continúa a traballar nas accións de mellora na seguridade vial coa instalación de dous novos radares e o sistema “foto-rojo” na Ronda da Muralla, unha das vías máis transitadas da cidade.

O sistema “Fotorojo”, que se está a instalar na Ronda da Muralla á altura de Bispo Odoario, servirá para capturar as matrículas daqueles vehículos que pasen os semáforos en vermello.

Por outra banda os novos radares estarán situados en frente do Edificio Multiusos da Xunta de Galicia en Lugo.

O obxectivo do Goberno Local é garantir a seguridade da cidadanía a través do control.

As previsións é que no prazo de quince días estean xa instalados, despois terán que pasar a inspección do Servizo Nacional de Metroloxía para comprobar a súa homologación e que podan comezar as probas para poñelos en funcionamento.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova