O Club de Natación Porta Miñá de Lugo fíxose esta fin de semana co título de Campión Galego de Promesas de Natación.
Nesta competición celebrada en Vigo, os pequenos nadadores e nadadoras lucenses foron os primeiros clasificados por diante do Real Club Náutico de Vigo e o Club de Natación Galaico que acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente.
Todos eles recibiron unha medalla ademais do trofeo que recibiu o equipo lucense.
Nesta competición participaron nadadores de 8 anos e menores pertencentes a Clubs de toda Galicia.