Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Un equipo lucense, campión do Festival Galego de Promesas de Natación


# Luns, 18/05/2009
O campionato tivo lugar esta fin de semana en Vigo

Imaxe Asociada

O Club de Natación Porta Miñá de Lugo fíxose esta fin de semana co título de Campión Galego de Promesas de Natación.

Nesta competición celebrada en Vigo, os pequenos nadadores e nadadoras lucenses foron os primeiros clasificados por diante do Real Club Náutico de Vigo e o Club de Natación Galaico que acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente.

Todos eles recibiron unha medalla ademais do trofeo que recibiu o equipo lucense.

Nesta competición participaron nadadores de 8 anos e menores pertencentes a Clubs de toda Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova