Imprimir

UN EQUIPO LUCENSE, CAMPIÓN DO FESTIVAL GALEGO DE PROMESAS DE NATACIÓN


18/5/2009 O campionato tivo lugar esta fin de semana en Vigo

O Club de Natación Porta Miñá de Lugo fíxose esta fin de semana co título de Campión Galego de Promesas de Natación.

Nesta competición celebrada en Vigo, os pequenos nadadores e nadadoras lucenses foron os primeiros clasificados por diante do Real Club Náutico de Vigo e o Club de Natación Galaico que acadaron o segundo e o terceiro posto respectivamente.

Todos eles recibiron unha medalla ademais do trofeo que recibiu o equipo lucense.

Nesta competición participaron nadadores de 8 anos e menores pertencentes a Clubs de toda Galicia.