Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Elixidos os gañadores do VIII Concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo


# Luns, 18/05/2009
Vinteoito centros educativos de toda Galicia participaron neste concurso co que o Concello de Lugo pretende concienciar sobre as boas prácticas viarias

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación do Concello de Lugo, Dolores Vieiro, o Xefe Provincial de Tráfico, Gonzalo de León, o responsable do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, o Director da Escola de Artes Ramón Falcón, Manuel Lamas, e a coordinadora de Ordenación Viaria da Xefatura Provincial de Tráfico, Sara Fuenteseca, elixiron hoxe aos gañadores do VIII Concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo.

O concurso, organizado polo Concello de Lugo, pretende fomentar unha boa educación viaria entre os nenos e nenas galegos, aos que se convida a reflexionar sobre esta temática a través dun exercicio de creatividade que permite concienciar dende a infancia sobre as boas prácticas ao volante.

O certame contou coa participación dos alumnos e alumnas de 28 centros educativos de Primaria e Secundaria de toda Galicia. Os participantes teñen idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos, e dividíronse en 5 categorías de participación, nas que resultaron gañadores:

Categoría A. (1º,2º e 3º de Primaria):

1º.-Joana Raquel González André
CEIP. Nosa Señora do Carme (Calvos de Randín - Ourense)

2º.- María Rodríguez Villar
CEIP. Rosalía de Castro (Lugo)

3º.- Luis Echevarría García
CEIP. Gregorio Sánz (Ribadeo - Lugo)

Categoría B. (4º,5º e 6º de Primaria):

1º.- Junior Arrojo Araujo
CEIP. Nosa Señora do Carme (Calvos de Randín - Ourense)

2º.- Codés Lillo Irimia
CEIP. Juan Rey (Lourenzá - Lugo)

3º.- Mª do Camen Valiño Verdes
CEIP. Illa Verde (Lugo)

Categoría C. (1º,2º e 3º de Secundaria):

1º.- Patricia Barreiro Rodríguez
IES. Carlos Casares (Vigo - Pontevedra)

2º.- Miguel Aira Rodríguez
IES. Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

3.- Yolanda Sousa Pereira
CPI. Covaterreña (Baiona - Pontevedra)

Categoría D. (4º Secundaría, 1º e 2º de Bacharelato):

1º.- Pablo Lado Vidal
IES. A Cachada (Boiro - A Coruña)

2º.- Raquel Castas González
CPI. Covaterreña (Baiona - Pontevedra)

3º.- Sara Pérez Cedeira
CPI. Covaterreña (Baiona - Pontevedra)

Categoría E (Educación Especial):

1º.- Patricia Barral Noya
CEE. Princepe Felipe (Pontevedra)

2º.- Lidia Crespo Seco
CEE. Apader (Cedeira - A Coruña)

3º.- Jacobo Carballo Toural
CEE. Santa María (Lugo)

O xurado decidiu tamén galardoar ao IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia, en Ourense, por ser o centro escolar que presentou un maior número de traballos ao concurso, e ao CEIP Nosa Señora do Carme, de Calvos de Randín, tamén en Ourense, pola alta calidade artística dos seus traballos presentados.

Asemade, os membros do xurado decidiron conceder un accesit a Teresa García González, do IES Carlos Casares, de Vigo.

Os gañadores deste concurso municipal de Seguridade Viaria recibirán os seus premios o vindeiro 30 de maio, dentro dun acto enmarcado no programa da Festa de Seguridade Viaria. Entregaranse tres premios para cada categoría, que consisten en ordenadores portátiles, bicicletas e cascos, minicadeas musicais ou trofeos, segundo a categoría.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova