A arqueira da Escola Lucense de Tiro con Arco, Isabel Vila Iglesias, obtivo a terceira posición na división Recurvo Senior Feminino no XVIII Trofeo Arco Silex Aire Libre, que se celebrou o pasado sábado 16 de maio, no campo de tiro do Poblado de As Veigas, en As Pontes, baixo o formato de Round FITA 2x70 metros (doble tanda de 36 flechas a unha distancia de 70 metros).
Pese a levar soamente dous anos practicando o tiro con arco, o seu resultados significan o batir da súa marca persoal, o que da máis valor ao terceiro posto acadado.
No torneo se deron cita máis de cincuenta arqueiros de toda Galicia, tanto de arco recurvo como de arco composto masculino e feminino.