Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha arqueira da Escola Lucense, terceira no XVIII Trofeo Arco Silex Aire Libre


# Martes, 19/05/2009
A lucense, Isabel Vila Iglesias, acadou esta posición na división Recurvo Senior Feminino

A arqueira da Escola Lucense de Tiro con Arco, Isabel Vila Iglesias, obtivo a terceira posición na división Recurvo Senior Feminino no XVIII Trofeo Arco Silex Aire Libre, que se celebrou o pasado sábado 16 de maio, no campo de tiro do Poblado de As Veigas, en As Pontes, baixo o formato de Round FITA 2x70 metros (doble tanda de 36 flechas a unha distancia de 70 metros).

Pese a levar soamente dous anos practicando o tiro con arco, o seu resultados significan o batir da súa marca persoal, o que da máis valor ao terceiro posto acadado.

No torneo se deron cita máis de cincuenta arqueiros de toda Galicia, tanto de arco recurvo como de arco composto masculino e feminino.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova