Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle o Campionato de España de Pentatlón Moderno por idades


# Xoves, 21/05/2009
Será o vindeiro sábado 23 de maio e contará con 97 participantes

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, presentaron o Campionato de España de Pentatlón Moderno por idades que terá lugar na cidade o vindeiro 23 de maio.

O Concelleiro resaltou que "é un luxo que podamos acoller este campionato de España, unha proba moi atractiva, e non soamente para os que o practican senón para o público".

Nesta terceira proba do Campionato de España participarán un total de 97 atletas de Asturias, Madrid, Cantabria, Baleares, Cataluña e Galicia.

As probas comezarán ás 8:30 da mañá na galería de tiro de Frigsa. A partir das 9:35 horas as categorías cadete e xuvenil loitarán na proba de esgrima no pavillón Municipal de Frigsa e a partir das 13.30 terá lugar na piscina do recinto deportivo a proba de natación.

Xa pola tarde, dende as 17:00 horas, as pistas da cidade cultural acollerán as diferentes carreiras segundo as categorías.

Esta terceira proba celébrase na cidade de Lugo despois de pasar por Cataluña e Asturias.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova