Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Elixidos os carteis anunciadores do San Froilán e San Froilanciño 2009


# Xoves, 21/05/2009
O certame contou cunha participación moi elevada

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo hoxe pública a obra gañadora do certame de deseño gráfico de San Froilán 2009 que se converterá no cartel anunciador das festas deste ano. O premiado foi Leonardo López García, artista de A Coruña.

O gañador do concurso, contará coa satisfacción de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España para promocionar estas festas de interese turístico galego e nacional, pero ademais, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

O xurado explicou que “o cartel ten moita calidade, técnica e artisticamente, e presenta outra forma de deseño: a tipografía como base da representación gráfica”.

Nesta edición o concurso contou cunha participación moi elevada, máis que ningunha outra, presentáronse un total de 97 carteis na edición de adultos, e 101 traballos na edición dos máis cativos. A Concelleira destacou que “estas cifras demostran que este concurso é todo un éxito, moi asentado e no que participan xa moitas persoas de fóra de Lugo”.

No apartado infantil do concurso a gañadora foi Marina Celada, unha rapaza de 6 anos que baixo o lema A Festa captou o espírito da festa entre os máis cativos. A gañadora será premiada cun agasallo adecuado á súa idade.

O xurado de expertos que elixiu as obras premiadas estivo composto, por Manuel Lamas, director da Escola Superior de Deseño Ramón Falcón, o pintor Manuel Carreira, e Cristian Gutierrez, da empresa de deseño Tatata.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova