Imprimir

O CONCELLO DE LUGO LEVA XESTIONADOS MÁIS DE 35 MILLÓNS DE EUROS EN FONDOS EUROPEOS


21/5/2009 Así o destacou a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, nunhas xornadas na Deputación Provincial

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou, xunto ao Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a “Xornada Informativa dos Fondos Europeos no Marco do Programa Operativo de Galicia 2007-2013”, que impartiu o Xefe da Área de Control da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, Faustino Sobrino Panizo.

Sonia Méndez destacou que o Concello de Lugo xestiona 35 millóns de euros da Unión Europea, “que sirven para potenciar las arcas municipales. Ejemplo de ello es el Plan Urban, que va a convertir el centro histórico en una potencia económica, y esto redundará en beneficio de toda la provincia”.

A responsable de Economía tamén subliñou a importancia de proxectos como Lugo, emprego activo, que favorecen que o Concello, como administración máis próxima á cidadanía, colabore no estímulo do emprego, “nun momento de tanta necesidade como o actual”.

Trátase dun plan integral de inserción sociolaboral no que participan 150 persoas que a través de itinerarios personalizados, se incorporan de maneira máis eficaz no mercado de traballo. No programa inclúense melloras de habilidades, busca de emprego, talleres, accións formativas, prácticas en empresas, e todo iso baixo a orientación, titorización e intermediación laboral de expertos ao longo de todo o proceso.

O Presidente da Deputación, destacou que Panizo é un dos expertos con maior prestixio non só a nivel mundial senón internacional en control de fondos europeos. Neste senso, subliñou que “este encuentro demuestra que formar parte de la Unión Europea no sólo es relevante, sino que con los tiempos que corren y en los que es más importante que nunca estar unidos, es imprescindible”.

No encontro, ao que asistiron Alcaldes e traballadores da Administración Local da provincia, así como o Director de PricewaterhauseCoopers, Manuel Márquez -que colaborou na organización do evento-, púxose de relevo que os fondos estruturais son unha oportunidade para reforzar a cohesión económica, social e territorial da provincia.

A este respecto, o Presidente da Deputación lembrou que “fuimos quien de reorientar las políticas provinciales, lo que hizo posible que captásemos 20,6 millones de la Unión Europea, que permitieron poner en marcha proyectos como Lug02, Innova-TE, Pacto Integral para el Empleo y el Plan Urban. En la Diputación no estamos para perder ni un sólo euro que pueda beneficiar a esta provincia”.

Panizo baseou a súa intervención no ciclo de vida dos Fondos Europeos en canto á súa elexibilidade, contratación, publicidade, medio ambiente e igualdade de oportunidades. Subliñou que a concesión de fondos reduciuse en España porque algunhas Comunidades xa acadaron un nivel medio fronte a outras rexións menos desenvolvidas.

O experto fixo especial fincapé en que o incumprimento da normativa medioambiental pode ser motivo da retirada de axudas. “Sin embargo España supo acogerse al Fondo Social y de cohesión sin que se perdiese ninguna subvención. Generalmente, la contratación pública es lo que más problemas genera a la UE”. Así mesmo, adiantou que Polonia será un dos países que máis axudas vai recibir de Europa no futuro, e que nestes momentos priorízanse as subvencións que están dirixidas á implantación da Sociedade da Información e á I+D+I.

Un dos expertos máis importantes de Europa en fondos europeos

Sobrino Panizo leva vinculado coa Administración do Estado desde 2001. Primeiro co Ministerio de Agricultura e, agora, co de Hacienda, onde é xefe da Área de Control de Fondos Comunitarios. Tamén é membro da Comisión Técnica que redactou a nova Lei de Subvencións e director de equipo de auditores que supervisan as auditorías da Dirección General de Fondos Comunitarios para as axudas FEDER.