Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa a traballar nos preparativos do Arde Lucus MMIX


# Xoves, 21/05/2009
Abriuse o prazo para solicitar a participación de asociacións e particulares no Campamento Militar do Carril das Estantigas

A Xunta de Compras do Concello aprobou esta mañá unha partida de 115.006 euros para facer fronte aos gastos da festa do Arde Lucus MMIX organizados pola Concellería de Xuventude e que terá lugar a fin de semana do 26 ao 28 de xuño.

O Concello de Lugo está xa a traballar duramente na súa organización para que, como nas edicións anteriores, esta cita sexa todo un éxito e un atractivo para atraer a miles de persoas a cidade esta fin de semana. No 2008 pasaron por Lugo máis de 300.000 persoas ao longo desta fin de semana, o que supuxo un gran beneficio para o comercio e a hostelería da cidade, e do que se estima que foi de máis de 6 millóns de euros.

A Concellería de Xuventude levará a cabo con este orzamento a contratación diferentes actuacións que coas que se pretende entreteren e sorprender aos lucenses e visitantes.

Con estes espectáculos de animación que encherán as rúas de cidade Lugo voltará durante tres días aos seus orixes, viaxando ata o pasado romano, como cada ano, recreando a súa historia nesta festa que cada ano conta cun maior número de participantes e que segundo a páxina www.7mejores.es xa se atopa entre as 20 mellores festas de toda España.

Por outra banda a Concellería de Xuventude abriu xa o prazo para participar no Campamento Militar que durante os días das festas estará situado no Carril das Estantigas.

As asociacións ou persoas interesadas poderán instalar as súas tendas que deberán estar decoradas dacordo coa época e temática do Arde Lucus e as persoas caracterizadas en todo momento, evitando o uso de obxectos que desentonen coa época representada (calzado deportivo, vaqueiros,...).

As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude por rexistro do Concello antes do 5 de xuño de 2009 indicando:

  • Datos da Asociación ou particulares interesados/as.
  • As características da tenda ou das instalacións que se desexen colocar no Campamento, detallando os metros necesarios, a descrición dos elementos físicos e un esquema da súa colocación.
  • Número de persoas que forman parte do campamento.
  • As actividades que se desenvolverán, sexan particulares ou cooperativas (abertas ao público).

Concellería de Xuventude atenderá a todas as solicitudes que cheguen dentro do prazo de inscrición, seguindo un riguroso orde de inscrición.

Xunta de Compras

Ademais, a Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou esta mañá o investimento de 21.576 euros para a reparación de dúas fontes na zona rural. Trátase da reparación dunha fonte en Piñeiro e doutra en Barqueira en Ribas de Miño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova