Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora na recuperación histórica da figura de Araceli, espía nada en Lugo


# Xoves, 21/05/2009
O Concello fará unha publicación sobre a vida desta muller con relevancia histórica

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron o programa para a recuperación histórica de Araceli González Carballo (espía nada neste municipio), que inclúe a realización dun documental sobre a vida da espía.

Gómez Besteiro destacou que “para a Deputación e o Concello de Lugo paga a pena recuperar a figura histórica e reivindicala a través dunha campaña de posta en valor, na que patrocinaremos a rodaxe dun documental que quedará para a historia da que poderíamos chamar a 007 lucense”.

A realización do documental, no que colaborarán bolseiros da Escola de Imaxe e Son e no que a Deputación prestará asesoramento técnico, “forma parte da campaña de posta en valor da figura de Araceli González, unha muller que se adiantou ao seu tempo e que era de Lugo”. O máximo mandatario provincial subliñou que a intención é estrear o produto audiovisual a principios do ano que vén e presentalo xunto outras accións como conferencias e publicacións.

Neste senso, o Alcalde de Lugo anunciou que o Concello tamén colaborará coa publicación dun libro sobre a espía. O rexedor municipal destacou que “a antorcha levábaa Pujol, pero a auténtica protagonista era Araceli. Amaba a liberdade é foi quen de enganar aos servizos secretos”.

Sinopse do documental

O 6 de xullo de 1914 naceu Araceli González-Carballo González nunha casona cun recinto amurallado onde se pechaban horta, xardín, prados e bosque. Preto da cidade de Lugo tamén amurallada polos romanos, a ela gustáballe dicir que: “Se cadra tanta muralla foi o que me inspirou o afán de liberdade, o desexo de coñecer mundo que naceu en min na infancia”.

Con esta mentalidade, e despois de traballar no Hospital de Santa María, durante a guerra civil viaxou a Burgos, onde coñeceu a Juan Pujol García, que traballou como dobre espía para os servizos secretos alemáns e británicos. Juan e Araceli casan en Madrid, e a parella comeza unha aventura que ten un fantástico e utópico obxectivo: acabar con Hitler e interromper os planes expansionistas do III Reich.

O momento decisivo de Juan e Araceli chegará en 1944, cando a flota estadounidense decide intervir en Europa. Os espías españois serán os encargados de lle facer crer que o maior continxente de tropas vai establecer unha cabeza de praia polo paso de Calais, cando en realidade o desembarco será unicamente en Normandía.

O engano chegará a tal punto que, pouco antes de morrer no búnker, Hitler concede a Pujol a Gran Cruz de Ferro. Mentres que, pola súa banda, os ingleses outórganlle a Orde do Imperio Británico. Dese feito Pujol é o primeiro espía dobre condecorado por ámbolos dous bandos. Pero o gran papel correspóndelle realmente a Araceli. A lucense é quen manexa os fíos baixo a aparencia dunha entrañable e inofensiva dama.

Teimuda por viaxar a Lugo, Araceli fai valer finalmente a súa posición como esposa de Pujol para entrevistarse con Churchill e conseguir o permiso necesario para visitar á súa nai. Coa súa simpatía e o bo facer, consegue que Churchill a deixe saír de Inglaterra. Tratouna con moitisimo cariño, preguntoulle se estaba contenta en Londres, se era feliz… Nun momento dado, a Churchill cáelle a cinza do habano sobre a chaqueta e… ¿Qué fai ela?. Con gran naturalidade, límparlla coa man.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova