Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde da Lugo recibe ao equipo do Emevé campión de España infantil e á campioa de España universitaria de volei praia


# Xoves, 21/05/2009
López Orozco animou ás xogadoras a continuar acadando éxitos deportivos en nome da cidade de Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío e representantes dos grupos da oposición recibiron na Casa do Concello ás xogadoras infantís do equipo de voleibol lucense Emevé que o pasado 16 de maio acadaron o título de campioas de España en Asturias e á xogadora Ana Vidal campioa de España universitaria del volei praia que acadou o seu título en Tarragona.

O Alcalde destacou que “estes títulos acadados son un exemplo de xente nova dedicada ao deporte, un éxito para Lugo que non imos esquecer nunca”. Ademais realizou un agradecemento ao esforzo realizado pola familia Bouza polo voleibol lucense, “unha familia coa que a cidade de Lugo ten unha débeda impresionante, pola súa dedicación, polo seu cariño e ilusión, que terá continuidade coas xeracións que se están a formar na actualidade”.

López Orozco non puido deixar de expresar o sentir da Corporación Municipal polo accidente de tráfico no que perderon a vida tres integrantes do equipo xuvenil do club e transmitiulles “moitísimo ánimo e loitade para seguir adiante”, agradecéndolles especialmente a súa visita ao Concello nestes momentos.

A capitana do equipo infantil recibiu como recordo da súa visita unha maqueta da porta de Santiago da Muralla de Lugo mentres que Ana Vidal recibiu de mans do Alcalde unha medalla de Sargadelos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova