Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha nova edición do Campus de Baloncesto de Base Cidade de Lugo


# Sábado, 23/05/2009
As xornadas deportivas terán lugar nas instalacións municipais de Frigsa do 23 ao 28 de xuño

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, celebrará nas instalacións deportivas municipais de Frigsa o Campus de Baloncesto de Base Cidade de Lugo entre o 23 e o 28 de xuño, organizado polo Club Baloncesto Cidade de Lugo.

Este campus está destinado a rapaces de 7 a 12 anos e contempla a celebración de adestramentos de baloncesto, campionatos de 1x1, 2x2, 3x3 e 5x5, concursos de tiro, piscina, xogos tradicionais e con material alternativo e tenis.

As xornadas de convivencia serán en horario partido, de 10:30 a 13:00 horas e de 16:30 a 18:30 horas.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de xuño. A solicitude debe facerse na Concellería de Deportes, situada no edificio da Piscina Municipal de Frigsa, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O campus terá un custo de 45 euros. A admisión se realizará por orde de inscrición.

Os interesados en participar neste campus poden solicitar información sobre o mesmo na propia Concellería ou a través do número de teléfono 982 206 340, no fax 982 265 210.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova