Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acorda dedicar as tres canchas da Casa do deporte ás deportistas do EMEVÉ falecidas nun accidente


# Venres, 22/05/2009
A decisión tomouse co acordo da Corporación e do club de voleibol lucense

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reuniuse esta mañá cos representantes dos tres grupos políticos e do club de voleibol EMEVÉ para decidir de forma conxunta a homenaxe que o Concello de Lugo tributará ás deportistas falecidas hai uns días nun tráxico accidente de tráfico.

De forma conxunta e consensuada, o Concello decidiu darlle o nome de cada unha das rapazas -Patricia, Iris e Aída- a cada unha das canchas da Casa do Deporte que de forma habitual emprega este club para os seus adestramentos.

A decisión levarase ao Pleno do 1 de xuño, e a partir dese día cada unha das canchas de adestramento deixará de denominarse numericamente para pasar a lembrar os nomes das deportistas lucenses.

Ademais, tamén se instalará unha placa na entrada do centro deportivo cunha lembranza ao club e os nomes completos das rapazas homenaxeadas: Aída Cela, Iris Arias e Patricia Xavier.

Deste xeito o Concello de Lugo, conxuntamente co club Emevé, quere renderlles unha pequena homenaxe e lembrar, dende un centro deportivo como é a Casa do Deporte, o traballo realizado por este club e estas rapazas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova