Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP publica a adxudicación provisional da reurbanización da rúa da Industria


# Martes, 26/05/2009
A obra, incluída no FEIL, conta cun importe de 630.330 euros e empregará a 39 persoas

O BOP de hoxe, 26 de maio de 2009, publica a adxudicación provisional das obras de reurbanización da rúa da Industria, no polígono industrial do Ceao, que se levará a cabo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais.

A empresa "Asogal Construcciones" é a adxudicataria desta obra, unha das máis grandes do FEIL, que ten un importe de 630.330 euros. A reurbanización da rúa da Industria empregará a 39 persoas, que traballarán en obra pública municipal nos vindeiros meses.

A obra que se ven de adxudicar de xeito provisional, e que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia, é unha das actuacións previstas polo Concello de Lugo ao amparo do Fondo Estatal de Investimentos Locais co fin de mellorar e equiparar todas as zonas da cidade, do norte e do sur, e que deben estar rematadas antes de finais deste ano.

O 92% das obras incluídas na memoria de proxectos do FEIL que se executarán no municipio de Lugo, están xa adxudicadas de xeito provisional ou definitivo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova