Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os colectores xerais do Río Miño en Lugo reciben o premio San Telmo 2009


# Martes, 26/05/2009
A obra foi recoñecida como a actuación de enxeñería civil máis representativa de Galicia

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, o decano del Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia, Carlos Nárdiz Ortiz, e o presidente nacional do Colexio de Enxeñeiros de Caminos, Canales e Portos, Edelmiro Rúa Álvarez, participaron na entrega de premios da edición 2009 do Premio San Telmo aos colectores xerais do Río Miño en Lugo.

Trátase dun galardón que concede o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos de Galicia á actuación en enxeñería civil máis representativa na Comunidade Autónoma e que estea finalizada. O xurado tivo en conta a calidade técnica territorial e construtiva da obra, que redunde na mellora da calidade de vida dos habitantes de Galicia tanto dende o punto de vista ambiental como económico.

Os colectores xerais do Río Miño en Lugo están integrados dentro da actuación de interese xeral do Estado de Mellora do Saneamento de Lugo, e divididas en dous tramos: N-VI e N-VI EDAR que contaron con un orzamento total de 37 millóns de euros.

O Alcalde de Lugo resaltou que "Lugo é unha cidade que conta xa con referentes moi importantes, entre eles atópase sen dúbida esta magnífica obra. Unha obra que nos enche de honra, que fai que nos sintamos cada vez máis comprometidos coa la natureza e co progreso".

López Orozco afirmou que "temos un saneamento do mellor, unha potabilizadora das mellores, seguridade, recursos humanos preparados como nunca, vivenda a un prezo asequible, solo empresarial, polo tanto, por que non investir nesta cidade?"

Pola súa banda, o Presidente da Deputación subliñou que este premio que recibe unha obra tan importante da cidade de Lugo "é o triunfo dunha gran obra pública que aínda que soterrada agora florece polo ben da cidade". Destacou ademais "a importancia dos fondos europeos e do apoio de Europa para sacar adiante proxectos coma este".

Durante o acto fíxose a entrega de diplomas ao equipo gañador e posteriormente visitáronse as obras premiadas onde se instalou unha placa conmemorativa do galardón.

Motivación da candidatura premios San Telmo 2009


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova