Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As Escolas Municipais de Patinaxe celebran o fin de curso cunha xornada de portas abertas


# Mércores, 27/05/2009
As actividades tiveron lugar na pista de patinaxe do primeiro bancal do Parque de Rosalía de Castro

Imaxe Asociada

As Escolas Municipais de Patinaxe do Concello de Lugo que ao longo do curso estiveron a entrenar no polideportivo de A Piringalla, celebraron o fin de curso cunha xornada de portas abertas na pista de patinaxe do primeiro bancal do Parque de Rosalía de Castro.

Ao longo da tarde realizáronse diferentes actividades adaptadas aos diferentes niveis de técnica. Os máis inexpertos disfrutaron de xogos con conos, pelotas e aros. Pola súa banda, os patinadores con máis experiencia contaron cun circuíto práctico no que coñeceron o uso das proteccións e participaron en xogos e exercicios de cara a non mancarse nas caídas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova