Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado o VIII Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo


# Xoves, 28/05/2009
As actividades terán lugar do 22 ao 27 de xuño no campo de fútbol Luís López Gorgoso

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Presidente da Sociedade Cultural Deportiva Milagrosa, Magín López, presentaron o VIII Campus de Fútbol Multideporte Cidade de Lugo que terá lugar no campo de fútbol Luís López Gorgoso entre o 22 e o 27 de xuño.

Segundo explicou Óscar Seijas, o coordinador do campus “poderán participar nenos nados entre 1994 e 2003 que se dividirán en grupos de traballo de pequefútbol, iniciación e perfeccionamento”.

Os participantes realizarán sesións específicas de entrenamento de fútbol pero tamén contarán con charlas de técnicos e, aproveitando as instalacións da Casa do Deporte do Concello de Lugo, haberá sesións de visualizacións. Ademais, os rapaces visitarán o parque acuático de Cerceda, e o parque eólico de sotavento, tamén realizarán outras actividades deportivo- recreativas. Por outra banda contarase coa visita de xogadores da primeira división.

Neste campus poderán participar un total de 100 rapaces e rapazas. Os interesados en obter máis información poden chamar ao 629 025 514 ou ao 630 078 398.

O Concelleiro de Deportes, aproveitou a ocasión para lembrar que na semana do 23 ao 28 de xuño tamén terá lugar nas instalacións deportivas municipais do recinto de Frigsa o Campus de Baloncesto de Base Cidade de Lugo entre o 23 e o 28 de xuño, organizado polo Club Baloncesto Cidade de Lugo.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de xuño. A solicitude debe facerse na Concellería de Deportes, situada no edificio da Piscina Municipal de Frigsa, en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova