Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música Cidade de Lugo 2009 clausúrase coa interpretación da ópera Dido e Eneas de Purcell


# Domingo, 31/05/2009
A cita será no Círculo das Artes o luns 1 de xuño a partir das 20:30 horas

Ademais da especial programación que esta edición do Festival de Música Cidade de Lugo XXXVII Semana do Corpus dedicou a Haendel no 250º aniversario da súa morte, non se esqueceron outras destacadas efemérides musicais deste ano 2009 como son a de Haydn e, neste concerto de clausura do festival, a do compositor barroco inglés Henry Purcell, de quen se celebra o 350º aniversario do seu nacemento.

Réndese homenaxe a Purcell coa que con seguridade é a súa obra máis universal e coñecida, a ópera Dido e Eneas, a que sin dúbida é un dos piares da ópera barroca e unha das obras mestras da música de todos os tempos. Grazas ao festival poderase escoitala na versión de concerto preparada por artistas galegos e dirixida polo compostelán Miro Moreira. No Círculo das Artes estarán ás ordes de Miro Moreira, a Capela Compostelana e o Coro da Universidade de Santiago, agrupacións habituais na programación do festival lucense cada ano.

Os papeis principais da ópera estarán interpretados pola mezzosoprano Ainhoa Zubillaga (Dido), o barítono Xurxo Varela (Eneas) e a soprano Isabel Álvarez (Belinda). O resto do reparto o completan as sopranos Chelo López, Trinidad González e Elena Sobrino, a mezzosoprano Teresa Parigi e o tenor Pablo Mato.

O concerto comezará ás 20:30 horas. A entrada será gratuíta ata completar o aforo do local como é habitual no festival.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova