Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Xuventude presenta as bases dos concursos do Arde Lucus MMIX


# Venres, 29/05/2009
Premiarase a mellor decoración de escaparates, a caracterización de personaxes romanos ou celtas e do campamento

Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou as bases dos diferentes concursos organizados dentro do programa do Arde Lucus MMIX co que se pretende unha maior participación da poboación lucense nesta festa.

Segundo explicou a Concelleira, no concurso establécense diferentes categorías: decoración de escaparates que contará cun premio de 300 euros, personaxes romanos ou celtas, que na modalidade de grupo contará cun premio de 500 euros, dunha Nintendo DS e un MP4 en individual infantil e de 200, 100 e 50 euros na modalidade de adulto, e de campamento, que terá un premio de 500 euros.

Categoría Decoración de Escaparates:

Para inscribirse é necesario que as persoas que participen teñan o seu local dentro de murallas que terán que estar decorados con ambientación na época romana obrigatoriamente dende o día 22 de xuño ás 10:00 horas ata o día 28 de xuño ás 23:59 horas.


Categoría “Personaxes Romanos ou Celtas”:

Existen dúas modalidades a representar por grupos (mínimo de 5 persoas) ou individual: dentro destes poderase ir caracterizado de celta ou de romano. Nesta última modalidade estableceránse dúas categorías, infantil (menos de 12 anos) e adultos (de 13 en adiante).

O concurso terá lugar o 28 de xuño na Praza Maior ás 17:15 horas.

Ao longo de todo o desfile os participantes deberán levar un estandarte co nome romano ou celta do grupo ou da personaxe.


Categoría “Campamento”:

O concurso celebrarase o 28 de xuño en horario de apertura do campamento. Os grupos deberán estar formados como mínimo por 5 persoas e que leven ao longo de todo o concurso un estandarte co nome do grupo. A acampada deberá comezar o 26 de xuño ás 17:00 horas e levantarse o 28 de xuño entre as 21:00 horas e as 23:00 horas.

Os grupos elexirán entre o bando celta (guerreiros celtas, etc) ou o bando romano (lexionarios romanos, etc) e a súa tenda e ambientación teñen que ir acordes coa súa elección.

Nesta modalidade será obligatorio que como mínimo un dos membros do grupo durma as dúas noites no campamento e que a metade do grupo estea presente no campamento durante todas as horas de apertura do mesmo.

Os grupos gañadores serán elixidos por un xurado que estará formado por persoas cualificadas en cada unha das categorías que valorarán aspectos coma a orixinalidade, a elaboración dos traxes, animación do grupo, ambientación, caracterización de cada un dos membros, a decoración da tenda....

As inscricións poderán realizarse na Oficina de Información Xuvenil ata o 12 de xuño de 2009, situada no Centro Social Uxío Novoneyra.

Para máis información en relación coa actividade, pódese chamar ao teléfono 982 297 829 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañas das 9:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas de luns a venres.


Novidades da festa

Por outra banda a Concelleira explicou que o Arde Lucus continuará a medrar e na edición deste ano haberá moitas novidades e moitas sorpresas coas que se irán atopando os lucenses e visitantes polas rúas da cidade.

Entre as novidades máis relevantes está a modificación da tradicional Queima da fachada, que deixará de ser pasiva para ter un carácter máis activo. “Mezclaremos luz, son e fogo no mesmo emplazamento coa participación de actores que arengarán ao público como se fosen as tropas”. Será un espectáculo creado por Mariano Lozano, especialista pioneiro en espectáculo de pirotecnia musical.

Rielo destacou, ademais, que “por primeira vez crearase un son exclusivo para a festa que se convertirá nun elemento representativo do Arde Lucus”.

Por outra banda a responsable de Xuventude explicou qUe nos próximos días crearase un novo espazo na web do Arde Lucus no que se poderá atopar un directorio cos comercios da cidade nos que atopar as vestimentas e onde caracterizarse como celtas ou romanos. “Queremos que os comerciantes da cidade podan ter un espazo nesta web para publicitar os seus negocios e agradecerlles deste modo a súa implicación na festa”.

A Concelleira indicou que este ano o orzamento para a festa será menor, polas políticas de contención económica do Concello de Lugo, pero non afectará á calidade nin á participación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova