Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 600 rapaces e rapazas participan no V Torneo do Basket de Lugo


# Venres, 29/05/2009
Será mañá sábado 30 de maio en cinco centros deportivos da cidade

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Delegada da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Patricia Rico e o presidente da Asociación Xuvenil do Sagrado Corazón, Rubén Engroba, presentaron o V Día do Basket de Lugo.

Nesta competición, que terá lugar mañá 30 de maio ao longo de todo o día en diferentes canchas de baloncesto da cidade, participarán un total de 600 xogadores e xogadoras de 55 equipos de 23 clubes de toda Galicia.

O Pazo dos Deportes, o Polideportivo do CEE Santa María, o Polideportivo de Frigsa, o Pavillón Anexo e o Polideportivo do Palomar acollerán un total de 59 partidos.

O Concelleiro agradeceu un ano máis aos entes implicados na organización do evento ter levado adiante esta quita edición dunha proba das máis numerosas de Galicia e que pon fin á temporada das ligas de baloncesto na cidade.

Todos os participantes levaranse como recordo da competición un agasallo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova