Imprimir

O CONCELLO DE LUGO INVISTE MÁIS DE 20.000 EUROS EN MELLORAS EN DOUS CENTROS EDUCATIVOS DA CIDADE


29/5/2009 As propostas foron aprobadas pola Xunta de Compras

A Xunta de Compras do Concello de Lugo celebrada hoxe venres, 29 de maio, aprobou o investimento de máis de 20.000 euros para a realización de obras de mellora en dous centros educativos da cidade.

No centro Fingoi II realizaranse obras de mellora da accesibilidade e peche por un importe de 6.957 euros. Estas obras serán realizadas pola empresa Penas.

No Colexio de Casás, procederase á sustitución das portas de peche metálico. Esta actuación contará cun orzamento de 13.229 euros e será ejecutada pola empresa Portosar Galicia.