Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Declaración Institucional do Concello de Lugo sobre o peche da factoría do grupo Pascual en Outeiro de Rei


# Luns, 01/06/2009
O pasado día 5 de maio, a empresa Pascual anunciou o peche da factoría de Lugo e presentou un expediente de regulación de emprego para uns 155 traballadores e o cese da actividade que viña desenvolvendo dende hai 15 anos.

Esta medida non só afecta ós 155 traballadores senón tamén a tódolos postos de traballo derivados dos servizos de demanda da citada empresa, e tamén ós produtores que entregan leite a esta empresa.

É preocupante que unha empresa que leva moitos anos operando en Galicia, recibindo axudas e apoio institucional para desenvolver a súa actividade, adopte a decisión de pechar o centro de recollida e transformación en Galicia.

Ante esta situación é preciso que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e os concellos da comarca afectada, adopten as medidas para frear o peche da fábrica Pascual en Outeiro de Rei, e lograr manter e consolidar a súa actividade comercial nunha comarca cunha importante vocación e produción leiteira.

Polo indicado, o Concello de Lugo acorda o seguinte:

1º.- Trasladar á dirección do Grupo Pascual á oposición ó peche da factoría en Outeiro de Rei.

2º.- Dirixirse á Ministra do Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, ó Ministro de Traballo e ó Conselleiro de Medio Rural para demandarlles unha actuación coordinada que evite o peche da fábrica e manteña os postos de traballo.

3º.- Apoiar as medidas políticas e sociais encamiñadas a lograr que se evite o peche da fábrica e se regulen os postos de traballo.

4º.- Demandar das mesmas administracións que vixíen o estrito cumprimento da lexislación laboral no relativo ó ERE presentado con observancia das prescricións legais recollidas no Estatuto dos Traballadores.

Lugo, 1 de xuño de 2009

José Rábade Arias
Voceiro do PSOE

Joaquín Mª García Díez
Voceiro do PP

Xosé A. Lage Suárez
Voceiro do BNG




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova