Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os talleres de pintura do Local Social de Díaz Castro saen ao aire libre


# Mércores, 03/06/2009
Os participantes nos obradoiros pasaron o día ao carón do río Miño

Uns 25 participantes nos obradoiros de pintura organizados polo Concello de Lugo no Local Social Díaz Castro participan ao longo do día de hoxe, mércores 3 de xuño, nunha xornada ao aire libre.

Nas ribeiras do río Miño ( entre a fábrica da luz e a área recreativa dos Robles) os participantes nos talleres pasarán todo o día. Desfrutarán dun xantar ao aire libre e practicarán as súas técnicas de pintura nun espazo único.

Con esta xornada de convivencia ao carón do río ponse fin aos obradoiros que estiveron a desenvolverse dende mes de outubro do pasado ano no local do Centro Social de Lamas de Prado.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova