Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza o IX Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre


# Xoves, 04/06/2009
Terá lugar o domingo 12 de xullo no recinto amurallado da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Concello de Lugo celebrará o domingo día 12 de xullo a novena edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. Esta nova edición foi presentada pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 67 participantes adultos e 3 na categoría xuvenil.

A Concelleira explicou que ao igual que o ano pasado delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla, para facilitar ás persoas a localización dos artistas e que poidan velos traballar.

Os participantes optarán aos seguintes premios:

Categoría adultos:

  • 1º Premio de  1.700 euros e diploma
  • 2º Premio de 1.200 euros e diploma
  • 3º Premio de 900 euros e diploma
  • Sete accésits de 600 euros e diploma

Ademais mantense o premio especial de 500 euros para un artista local, nado ou residente en Lugo, que non é compatible coa obtención doutros premios.

Categoría xuvenil:

  • 1º Bono de 400 euros e material de pintura e diploma
  • 2º Bono de 300 euros e material de pintura e diploma
  • 3º Bono de 200 euros e material de pintura e diploma

As inscricións realizaranse o mesmo día do concurso no Departamento de Cultura do Concello. O certame comezará ás nove da mañá e deberán entregarse as obras ás cinco da tarde, ante o xurado.

Como todos os anos a temática das obras ten que estar relacionada con Lugo, con un estilo e técnica libres.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta até o día 17de xullo no Centro Social Uxío Novoneyra de 16:00 a 21.00 horas.


Xoves


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova