Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Parque Infantil de Tráfico acollerá unha nova edición dos cursos de verán de Educación Vial


# Xoves, 04/06/2009
Os rapaces e rapazas recibirán clases teóricas e prácticas ao longo dunha semana

Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron a XII edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 29 de xuño e o 24 de xullo.

Estes cursos están dirixidos aos rapaces e rapazas de Lugo, de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos, para kart e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formaranse para as clases grupos de non máis de 15 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media. Cada grupo terá unha semana de clase e se formarán grupos en horarios de mañá (de 10:30 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 19:30 horas).

Entre as novidades previstas para este ano encóntrase unha charla sobre como inflúe o consumo de drogas e do alcohol na condución que será impartido polo doutor Carlos Quintas do Servizo de Prevención do SERGAS.

A inscrición para estes cursos deberá realizarse entre o 8 e o 18 de xuño na oficina de Atención ao Cidadán, no Parque Infantil de Tráfico ou na Xefatura Provincial de Tráfico (na avenida Ramón Ferreiro). Será necesario entregar a fotocopia do DNI ou Libro de Familia e encher a solicitude. O listado coa formación dos grupos poderá consultarse o día 25 de xuño no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e no portal web do Concello: www.lugo.es

A clausura dos cursos terá lugar o 24 de xullo ás 12.30 horas no Parque Infantil de Tráfico cunha entrega de diplomas e agasallos aos participantes.

Pode descargar os documentos necesarios desde a sección Parque Infantil de Tráfico (PIT) da Concellería de Educación ou descargalos directamente desde aquí:


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova