Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza en Lugo a gravación da película francesa Suerte


# Venres, 05/06/2009
O vello cárcere será o principal escenario no que se desenvolve a historia

O vello cárcere de Lugo será o principal escenario no que se desenvolve o argumento da película francesa Suerte. Mañá comeza o rodaxe deste filme do director, Jacques Sechaud, e o director de producción, Thierry Baudrais, baseado nunha novela de Claude Lucas.

Ao longo de máis de dez días gravarase a película que conta a historia de Christian Lhorme -adaptada da vida do escritor, Claude Lucas- un atracador afeccionado e solitario que elixiu unha existencia desarraigada e sen finalidade algunha, que o levou ao cárcere.

Vive nunha gran cidade, entre o bar de Antonin Buchat e a relación cunha muller que vai cando lle vén en gana. Despois dos atracos, cando ten diñeiro, refúxiase en España, pero tampouco sente máis que o vacio da súa existencia.

Mañá comeza a gravación desta historia no mosteiro de Samos, o domingo filmarán xa na cidade de Lugo, comezando na comisaría. O luns todo o equipo estará en diferentes rúas da cidade: Avenida de A Coruña, rúa Divina Pastora e Camiño Real. O martes día 9 de xuño gravarán na Praza de Santa María e na rúa do Miño, o mércores día 10 na rúa Illas Canarias, na rúa Recatelo e Carril dos Loureiros.

O xoves 11 de xuño comezarán os cinco días de rodaxe no cárcere de Lugo. Ademais, o día 14 de xuño gravarán dende o balcón da Casa do Concello a procesión do Corpus lucense, un evento que o equipo francés tiña moito interese en filmar e que xa conocía.

A película Suerte será a cuarta longametraxe dos produtores Sebastián de Fonseca e Cedric Walter despois do Home que camiña de Aurelia Georges (Festival de San Sebastián en 2007 - Estrea en Francia o 9/01/08), Na cidade de Sylvia do director Jose Luis Guerin (Mostra de Venecia - Estrea en Francia o 10/09/08 ), A terceira parte do mundo de Eric Forestier (Festival de Montreal - Estrea en Francia) e Avant Poste de Emmanuel Parraud.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova