Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ofrece actividades de reforzo educativo no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro


# Venres, 05/06/2009
Dez estudantes de Educación Primaria e dez da ESO poderán participar neste programa que trata de evitar o abandono escolar

A Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, está a levar a cabo na terceira avaliación do curso escolar unha actividade de axuda escolar para sete estudantes da ESO no Centro Social Díaz de Castro.

Ao longo dos meses de abril, maio e xuño os rapaces reciben este reforzo educativo durante tres días á semana, tres horas cada día.

O obxectivo desta intervención é disminuir o elevado índice de abandono escolar temprano que se aprecia nos adolescentes deste barrio. As causas pódense atopar nas dificultades no aprendizaxe, no descoñecemento da lingua, nun entorno pobre de estímulos para o aprendizaxe... Polo que se trata de crear unha oferta educativa máis ampla para aqueles escolares susceptibles de fracaso escolar e así previr o abandono escolar.

Dende que se comezou este reforzo, tendo en conta o curto período de vixencia, os resultados académicos destes rapaces melloraron sensiblemente naquelas asignaturas nas que se está actuando. Ademais, fóra dos marxes académicos se aprecia unha mellora no comportamento como grupo, respectando normas de convivencia, facendo uso dos seus deberes e respectando os dereitos dos compañeiros.

Reforzo de verán

Ante a boa acollida dos propios estudantes e das súas familias, ante a percepción dos educadores como unha necesidade do barrio, daráselle durante os meses de verán, xullo e agosto, unha continuación a este reforzo enfocado ás asignaturas que non superaron na convocatoria de xuño.

Os destinatarios serán 10 estudantes de distintos cursos da Educación Secundaria Obligatoria, que poderán participar neste curso nos meses de xullo e agosto de martes a venres de 9:00 a 12:00 horas no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro.

Reforzo en Educación Primaria

Tamén dende o comezo curso escolar 2008-2009 estase levando a cabo no Punto Xuvenil, unha actividade de reforzo escolar para rapaces que cursan calquera dos cursos de Primaria.

Ademais do reforzo académico, aténdense as carencias persoais que presentan: ausencia de hábitos de estudo, dificultades graves do aprendizaxe (como dislexias), ausencia de normas, dificultades na comunicación (no caso dos nenos inmigrantes), ambiente familiar con baixo nivel cultural, etc.

Entre os avances acadados grazas a este servizo atópase o aumento do interese por asistir ás clases dos propios nenos e nenas, as melloras académicas notables, que se poden comprobar nas cualificacións académicas e no comportamento individual dos alumnos e alumnas e cos seus compañeiros.

Vendo a necesidade da continuación deste reforzo, o Concello continuará co apoio académico do aprendizaxe de técnicas de estudo e de habilidades sociais como son o respecto polos turnos de palabra, a escoita activa, interacción cos compañeiros de forma positiva... que pretende elevar á súa vez a estima que teñen de eles mesmos, nos meses de verán.

Poderán participar 10 estudantes de Educación Primaria durante catro días á semana, dúas horas cada día, de martes a venres, de 12:00 a 14:00 horas no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova