Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Comezan as obras do novo vaso da piscina, do novo ximnasio e da remodelación das pistas de tenis do complexo deportivo de Frigsa


# Venres, 05/06/2009
As piscinas de verán abrirán o luns 15 de xuño

Imaxe Asociada

As obras da Concellería de Deportes incluídas entre os 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local do Concello de Lugo comezarán a vindeira semana. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, explicou que as obras que se realizarán no complexo deportivo de Frigsa comezarán a vindeira semana e inclúen a creación do novo vaso da Piscina, a construción do novo ximnasio e a remodelación das pistas de tenis.

Estas obras supoñen unha inversión en instalacións deportivas para a cidade dun total de 3.513.500 euros.

A construción do novo vaso da piscina de Frigsa suporá que a partir do venres 12 de xuño estea cerrada ao público. A duración das obras prevista polo arquitecto é de 7 meses. O Concelleiro explicou que ademais de o novo vaso a actuación inclúe a creación de saunas, melloras na accesibilidade do edificio mediante ascensores, ampliación do polideportivo e da planta de oficinas, e a ampliación e renovación total dos vestiarios. Tamén se vai a aproveitar para repoñer o pavimento do polideportivo e Díaz Grandío, anunciou que se vai a cambiar o sistema de calefacción a gas cidade e que un 30% da enerxía que se vai a utilizar será enerxía solar.

 

O Concelleiro indicou que o volume de usuarios será asumido pola piscina de As Pedreiras que durante os meses de verán continuará co seu horario habitual, pero que a partir do 1 de setembro ampliará o seu horario abrindo tamén ao mediodía e media hora máis pola noite, pasando a pechar ás 23:00 en lugar de ás 22:30 horas. Ademais, a piscina abrirá os domingos pola mañá de 10:00 a 14:00 horas.

Grandío explicou que a normativa das piscinas obriga a facer un vaciado da piscina, polo que na primeira quincena de xullo a piscina de As Pedreiras estará pechada. Indicou que se fará un gran esforzo para realizar as labores de vaciado e mantemento en 15 días cando normalmente esta operación ten unha duración de un mes, para tratar prexudicar o menos posible aos usuarios e usuarias. O Concelleiro anunciou que ademais se aproveitará este peche para converter as seis rúas da piscina en sete.

Por outra banda a Concellería de Deportes ampliará a campaña de verán nas piscinas descubertas e abrirán o día 15 de xuño- en anos anteriores abrían o 1 de xullo- e se alongará a tempada ata que o tempo o permita no mes de setembro.

O Concelleiro explicou que as pistas de tenis estarán abertas ata o domingo 7 de xuño, xa que o luns día 8 comezarán as obras de remodelación -que teñen unha duración aproximada de dous meses- o mesmo día que comeza a construción do ximnasio que durará 5 meses.

Piscinas de verán

Como indicou Díaz Grandío, as piscinas municipais de verán do Complexo Deportivo de Frigsa abrirán o luns 15 de xuño. O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentres que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 0,90 euros a entrada e 10,50 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,10 euros, o abono de 15 baños de 21,60 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 10,80 euros.

Por outra banda os abonos familiares terán unha tarifa especial: 29 euros o de 15 baños e de 57,40 o de 30 baños.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova