Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Celébrase a derradeira proba para rapaces e rapazas do Circuíto de Carreiras Populares Corre con Nós


# Venres, 05/06/2009
Será o domingo 7 de xuño nas pistas de atletismo da Cidade Cultural

O vindeiro domingo 7 de xuño terá lugar a derradeira proba para rapaces e rapazas do 9º Circuíto Larsa Corre con Nós, organizado pola Concellería de Deportes.

Esta será a oitava carreira que disputarán aqueles dos 1.270 rapaces inscritos para este circuíto de carreiras populares.

A proba do domingo consistirá nunha combinada de carreira – salto – lanzamento no que todas as categorías poderán ter un primeiro contacto coa pista sen ser unha proba competitiva, xa que nesta ocasión non haberá nin gañadores nin perdedores. O obxectivo é que sexa unha festa do atletismo para os pequenos e pequenas.

Todos os participantes nesta derradeira proba recibirán un vale para recoller a camiseta oficial do circuíto no centro comercial As Termas durante ese o domingo 7 de xuño.

A primeira carreira comezará ás 12:00 horas e consecutivamente,segundo vaian rematando, irán comezando as seguintes carreiras pertencentes ás categorías B-C e D.

A recollida do vale de participación do circuíto (participando en 6 carreiras) comezará o vindeiro 16 de xuño nas instalacións da Concellería de Deportes.

Web corre con nós




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova