Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o Club Fuvial organizan o 8º Curso de Verán de Piragüismo


# Luns, 08/06/2009
Os cursos terán lugar nos meses de xullo, agosto e durante a primeira quincena de setembro

Imaxe Asociada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o representante da directiva do Club Fuvial, Bernardo Sánchez, e Jose Antonio Fernandez, director técnico da escola de piragüismo do club presentaron os cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade lucense que permitirá aos rapaces e rapazas de a partir de 10 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

O Concelleiro explicou que esta actividade permitirá aos cativos e cativas estar en contacto coa natureza e desfrutar dela sen alterala, ademais de facer exercicio. Díaz Grandío lembrou que destes cursos saíron algúns dos grandes piragüistas cos que conta a cidade.

Os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 25 metros, e poden recoller a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial. A cuota do curso será de 18 euros para os menores de 18 anos e de 24 euros para os maiores de 18.

Os cursos terán lugar de luns a venres nos meses de xullo e agosto en horario de mañá de 12.00 a 13.00 horas e de tarde en duas quendas: de 17:00 a 18.00 horas e de 18:00 a 19:00, ademais, durante a primeira quincena de setembro haberá un turno de 17:00 a 19:00 horas.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono da Concellería de Deportes: 982 206 340 ou ao teléfono do Club Fluvial 982 221 167.

Descargar díptico informativo  
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova