Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentase aos membros do Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade de Lugo un informe sobre o sexismo na publicidade


# Luns, 08/06/2009
A xornalista Belén Puñal explicou o informe elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

A xornalista Belén Puñal, e responsable da área de muller e investigacións de comunicacións en materia de xénero do do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, presentou ante varios representantes do Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade o Informe sobre o sexismo na publicidade dos medios de comunicación de Galicia.

Este estudo proporciona unha ferramenta ao sector da publicidade para ollar a súa produción dende o punto de vista do xénero e lanza un reto de cara a súa capacidade creativa.

A xornalista explicou que para esta análise de diferentes medios de comunicación tivéronse en conta tres indicadores principais: a existencia de linguaxe sexista, a utilización discriminatoria da imaxe das mulleres e a persistencia de roles ou estereotipos de xénero.

Puñal indicou que aínda que se aprecia certa evolución cara un discurso menos sexista nos anuncios, segue sendo necesario un esforzo de sensibilización e formación.

A xornalista tamén indicou aos membros do Foro da necesidade de levar a cabo dende as institucións, medios de comunicación, e empresas de publicidade funcións observatorias de publicidade, vendo como funciona, sabendo o que é a publicidade ilícita e a publicidade sexista.

O informe elaborado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia pode consultarse a través do seguinte enlace:

http://www.xunta.es/auto/sgi/document/infsexcom.pdf




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova