Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste máis de 6.500.000 euros en mellorar as infraestruturas dos diferentes barrios da cidade


# Martes, 09/06/2009
As 19 obras desta Concellería incluídas no FEIL crean 271 contratos de traballo, dos que 58 serán novos

Imaxe Asociada

A Concellería de Infraestruturas que dirixe José Piñeiro, está a xestionar este ano máis de 6.500.000 euros de fondos para realizar melloras en todos os barrios da cidade atendendo ás necesidades de cada un deles. O Concelleiro indicou en rolda de prensa que unha boa parte deste orzamento provén dos fondos do Fondo Estatal de Investimento Local que supoñen un total de 4.955.741 euros para a realización de 19 proxectos.

Piñeiro anunciou que para a execución destas obras da área de Infraestruturas incluídas no FEIL realizáronse un total de 271 contratos de traballo dos que 58 son novos.

O Concelleiro explicou que das 19 obras tres están xa empezadas: a renovación de saneamento en Carvalho Calero, a pavimentación de beirarrúas na rúa Río Sil e a pavimentación e servizos en Rúa Lavandeira, e unha xa está rematada: a renovación de saneamento en Estrada da Granxa. Piñeiro indicou que o resto das obras comezaran proximamente, ao longo do presente mes de xullo, e suporán as seguintes actuación de melloras:

  • Urbanización da avenida Duquesa de Lugo (tramo Ronda Norte - Monte Faro)
  • Peonalización do parque de A Milagrosa- Fase I
  • Reurbanización da rúa da Industria. Fase I
  • Pavimentación e servizos na Avenida de Ramón Ferreiro
  • Urbanización da rúa Monte Adairo. Fase I
  • Pavimentación e servizos na rúa Mallorca
  • Pavimentación de beirarrúas na rúa Alexandre Bóveda
  • Renovación de pavimentos na rúa Puro Cora
  • Pavimentación e servizos en Camiño de Pipín
  • Pavimentación e servizos nas rúas Irmáns Vilar Ponte e Dr. Fleming
  • Pavimentación e servizos na rúa Fontaneira
  • Pavimentación e servizos na rúa Cidade de Vigo
  • Urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro - 2ª Fase
  • Alumeado público en rúa Primavera e adxacentes
  • Abastecemento e saneamento en Galegos

Na súa comparecencia o Concelleiro resaltou a importancia de todas as obras, pero en especial, polo seu orzamento, da obra de Peonalización do parque de A Milagrosa e da urbanización do contorno do campo de fútbol Anxo Carro.

A peonalización do parque de A Milagrosa, conta cun orzamento nesta primeira fase de 687.000 euros. O proxecto ten como obxectivo converter este espazo público nun lugar de desfrute para a xente, que sexa un espazo verdadeiramente público e sen tráfico. Unha vez rematada esta primeira fase, subvencionada polo FEIL, o Concello daralle continuidade con financiamento propio ou doutras administracións.

A urbanización do contorno do Anxo Carro, que se levará a cabo en tres fases e contará cun orzamento total de 700.000 euros, dos que 430.000 serán do FEIL, inclúe a creación de 379 novas prazas de aparcamento, ademais das melloras dos servizos como o saneamento, o abastecemento… Estas novas prazas de aparcamento solucionarán os problemas para deixar o coche que teñen as persoas que se achegan á zona a ver os partidos de fútbol.

Para o Concelleiro tamén son destacables as obras de mellora do alumeado que se levará a cabo nas seguintes rúas e que conta cun orzamento de 231.520 euros:

  • Rúa Primavera
  • Rúa Paxariños
  • Rúa Río Chamoso
  • Rúa Ramón Montenegro
  • Carril das Flores
  • Carril das Hortas
  • Rúa Emilia Pardo Bazán
  • Rúa Bispo Doctor Balanza
  • Carril dos Indios

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova