Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

AGAMAC e a EPS premian un proxecto sobre clavadora de estacas con alimentador


# Martes, 09/06/2009
A Escola Politécnica Superior de Lugo e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) outorgaron este martes 9 o Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria ao estudante Iván Raposo Injerto

Imaxe Asociada

A Escola Politécnica Superior de Lugo e a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) outorgaron este martes 9 o Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria ao estudante Iván Raposo Injerto, que foi galardoado cun diploma, unha placa conmemorativa e 300 euros, polo seu ‘Estudo técnico de clavadora de estacas con alimentador’. O traballo foi o escollido como gañador entre oito proxectos presentados nesta primeira edición.

O nacemento deste premio ten como obxectivo estimular a importancia de crear unha nova agricultura capaz de xerar alimentos e emprego. O premio AGAMAC terá carácter bianual polo que a segunda edición será en 2011.

Na cerimonia estiveron presentes o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o alcalde da cidade, Xosé López Orozco; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o presidente de AGAMAC, Marcos Vázquez; o secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes (ANSEMAT), Ignacio Ruíz; o director da revista MOMA Agri e de MOMA Editorial, Xavier Vidal; e o director da EPS, Javier Bueno.

Tras o acto, o presidente da Fundación Jorge Jove e da Federación Española de Vehículos Antigos, Ángel Jove, impartiu a conferencia titulada "A automoción histórica en Galicia".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova