Imprimir

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO ORGANIZADO POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


9/6/2009 O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Benestar Social entregaron os galardóns aos rapaces participantes

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participaron na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello con motivo da celebración o pasado venres 5 de xuño do Día Mundial do Medio Ambiente.

O pasado xoves, preto de 30 rapaces e rapazas das asociacións ANPACE e Síndrome de Down celebraron unha xornada de convivencia e integración. O obxectivo desta acción era sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e a inclusión das persoas con discapacidade nun espazo natural de convivencia que potencie as habilidades sociais e educativas dos escolares, así como a promoción da autonomía persoal destes colectivos, razón pola que se leva celebrando nos últimos anos cunha gran acollida.

A actividade consistiu na visita ao parque natural de Marcelle onde os nenos e nenas puideron coñecer algunhas das especies de animais que habitan os distintos lugares do planeta.

Todos os participantes recibiron o seu agasallo pola participación, consistente en diferentes xogos para a praia e o campo, material de debuxo, pelotas,etc.