Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hector Alterio e José Sacristán interpretan en Lugo a obra Dos menos


# Mércores, 10/06/2009
O espectáculo forma parte do programa cultural organizado polo Concello e Caixanova

A Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova traen ás tablas do Auditorio Municipal a dous grandes do teatro: José Sacristán e Hector Alterio, que interpretarán mañá xoves, a partir das 20:30 horas a obra Dos menos.

O espectáculo conta a historia de dous homes maiores que despertan nunha sala de hospital para ser informados de que lles queda moi pouco tempo de vida. Pronto comezan unha marabillosa viaxe, que se converte nun regreso aos sentimentos máis prezados do ser humano: o amor, a amizade, a paternidade e o efímero da vida.

Dos menos percorre con humor e emoción os rincóns máis íntimos do home, os sonos, as realizacións e o desexo de reencontrase cos afectos durante cada día da vida.

Nesta obra de Samuel Benchetrit, Alterio e Sacristán traballan xuntos por primeira vez e baixo a dirección de Óscar Martínez.

O espectáculo chega a Lugo dentro dunha xira por Galicia na que pasou xa por Vigo e Ourense.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova