Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello desbrozará as pistas de 18 parroquias de Lugo


# Mércores, 10/06/2009
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do suministro de xogos infantís para o xardín da Praza de San Lourenzo

Imaxe Asociada

O Concello realizará labores de roza de pistas en diversas parroquias do termo municipal, polo que a Xunta de Goberno aprobou os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares, así como do gasto e a adxudicación por procedemento negociado e tramitación urxente.

O Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, explicou que este servizo contará cun orzamento máximo de 56.029 euros para o desbroce de aproximadamente unha extensión de 223,10 quilómetros, por ambas marxes, para garantir a seguridade vial na circulación en diversas pistas nas parroquias de Lugo.

As parroquias nas que se realizarán estas tarefas de desbroce serán: Calde, Piugos, Toribe, Adai, Soñar, Coeses, Saa, Monte de Meda, Lamas, Fixos, Meilán, Pías, Benade, Rubiás, Castelo, San Salvador de Outeiro, Ombreiro e Camoira.

O prazo de execución estímase de 2 meses. O contratista terá que executar os traballos de desbroce mecanicamente para o que terá que dispoñer como mínimo de 4 tractores de dobre tracción.

A Xunta de Goberno aprobou tamén provisionalmente a contratación da subministración de xogos infantís e pavimento continuo de seguridade no xardín da Praza de San Lourenzo a Lapsset España VR. SL. por un importe total de 47.179 euros e un prazo de entrega de un mes.

Nesta praza haberá así dúas áreas de xogos infantiis: unha para nenos e nenas menores de 6 anos e outra para os que teñan máis de 6 e menos de 12 anos.

Ademais, no relativo á área de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou 11 licenzas de obra e outra de primeira utilización.

Obradoiro Escolas Rurais

Fóra da orde do día, a Xunta de Goberno, aprobou a solicitude dunha subvención de máis de 520.000 euros á Consellería de Traballo para a realización dun obradoiro denominado Escola Rural, para a restauración das antigas casas escola de Cabanas (Santa Comba) e de Labio.

O obxectivo do Concello é formar e insertar laboralmente, durante un ano, a 24 alumnos e alumnas e por outra banda recuperar estas construcións para a realización de actividades sociais, culturais, educativas, etc., e contribuír ao desenvolvemento da zona rural de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova