Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe ao Embaixador de Nicaragua en España


# Xoves, 11/06/2009
O Embaixador presentoulle o proxecto de cooperación internacional 100 pavillóns de desenvolvemento comunitario para a Educación, a Cultura e o Deporte

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Concello ao Embaixador de Nicaragua en España, Augusto Zamora, que aproveitou a súa visita á comunidade galega para entrevistarse co mandatario lucense.

Augusto Zamora presentoulle un proxecto que denominou 100 pavillóns de desenvolvemento comunitario para a Educación, a Cultura e o Deporte. A iniciativa, para a cal solicita a cooperación de España, permitirá que a maioría dos 153 municipios que ten Nicaragua conten con pavillóns destinados para a realización de actividades dos máis novos e como Centros sociais para os maiores.

O Alcalde de Lugo amosou interese polo proxecto e anunciou que nas partidas destinadas á cooperación que ten o Concello, estudarían a posibilidade de colaborar con eles. Tamén lle explicou que o Fondo Galego de Cooperación, que agrupa a todos os concellos galegos, é un organismo de interese para presentar a iniciativa.

Nicaragua é un dos países máis pobres do mundo, cunha débeda externa que lastra a súa capacidade de desenvolvemento: representa o 275% do PNB.

Conta por un lado coa economía local, que atende ás necesidades da poboación, pero que é moi débil, e por outro coa economía dedicada á exportación, que consume a maior parte dos recursos do país.

O desemprego é outro dos problemas graves da sociedade nicaragüense, con máis do 50% da poboación en paro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova