Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A cidadanía pode atopar na web do Arde Lucus un directorio de lugares onde caracterizarse para a festa


# Venres, 12/06/2009
Os comerciantes que desexen publicitar as súas propostas deben dirixirse á Concellería de Xuventude

A web do Arde Lucus presenta xa un novo espazo no que atopar o directorio cos comercios da cidade onde poder caracterizarse como celtas ou romanos para a festa que se celebrará entre o 26 e o 28 de xuño.

A Concellería de Xuventude decidiu crear este apartado na web para facilitar aos cidadáns atopar todo aquelo que precisan e converterse en verdadeiros cidadáns da época romana. Ademais, preténdese facilitar aos comerciantes da cidade un espazo no que publicitarse e agradecerlles deste modo a súa implicación no desenvolvemento da festa.

Todos os que desexen publicitarse neste espazo de referencia previo a celebración da festa poderán realizalo poñéndose en contacto coa Concellería de Xuventude situada no Centro Social Uxío Novoneyra en horario de mañas das 9:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas de luns a venres, ou enviando un correo electrónico a xuventudearrobaconcellodelugo.org.

A páxina web do Arde Lucus MMIX presenta ademais modelos de peiteados, patróns para a elaboración de traxes e complementos para que todos os que o desexen poidan facelo eles mesmos.

Ademais, pódense ver as fotografías do ano pasado, acceder ás ligazóns, e votar a festa dentro da páxina www.7mejores.es en la que el Arde Lucus se atopa neste momento no posto 13 do ranking das mellores festas de España.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova