Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo informará á cidadanía sobre o fin das actuais tarifas eléctricas


# Venres, 12/06/2009
A OMIC asesorará aos lucenses sobre o cambio que conleva a liberalización eléctrica

Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe unha nova campaña informativa sobre o fin das actuais tarifas eléctricas que se producirá o vindeiro 1 de xullo.

Con esta liberalización da electricidade ábrese a posibilidade de contratar libremente o prezo e condicións do suministro eléctrico con distintas empresas, aínda que na actualidade a oferta entre distribuidoras non ofrece grandes variacións.

A Concelleira explicou que o Concello de Lugo, atendendo ao exercicio dunha acción de Goberno responsable e transparente, pon á disposición dos lucenses a Oficina Municipal de Información ao Consumidor para asesorar aos lucenses do cambio que conleva a liberalización eléctrica.

Zarzuela lembrou que a partir do 1 de xullo diferenciaranse dous tipos de consumidores:

a) Tarifa de último recurso. Para consumos iguais o menores a 10 kW

b) Tarifas para consumos superiores a 10 kW

c) Ademais, determinados clientes poderán acollerse ao Bono social: As subministracións de menos de 3 kW de potencia contratada a partir do 1 de xullo de 2009, os maiores de 60 anos, familias numerosas e familias con todos os membros en paro.

Para informar á cidadanía o Concello pon á disposición dos lucenses uns dípticos explicativos e desenvolverá unha serie de conferencias co obxectivo de que ningún veciño se quede atrás na liberalización do mercado eléctrico.

As conferencias serán impartidas polo Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, polo Xerente de Begasa, Luís García Santalla e pola asesora xurídica, Alma Suárez. Estas charlas terán lugar ás 19:30 horas, o día 17 de xuño no Centro Social Uxío Novoneyra, o 23 no Centro Social de A Milagrosa e o 25 no Centro Sociocultural de Fingoi.

O Concello quere que os lucenses coñezan todas as posibilidades que ofrece a nova situación e escollan a opción que máis se adapte ao seu tipo de consumo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova