Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo para inscribirse nos campamentos urbanos do programa Verán en Lugo!


# Venres, 12/06/2009
Están destinados a rapaces e rapazas de 4 a 12 anos

Continúa aberto o prazo para inscribirse nas actividades de Verán en Lugo! Campamento urbano 2009, organizadas polo Concello de Lugo, a Deputación Provincial, o Pazo de Feiras e Congresos e Gaia Animación.

Os rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos poderán participar nun gran número de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo.

Ofértanse un total de 350 prazas para os cinco campamentos que se desenvolverán entre o 6 de xullo e o 11 de setembro. Cada un deles contará con 60 prazas, máis 10 que se destinarán a nenos e nenas derivados dos propios Servizos Sociais deste Concello.

Os campamentos terán lugar de 8:00 ás 20:00 horas nas instalacións do Parque de Frigsa.

Neste emprazamento celebraranse os dous programas dos campamentos:

- Coñece a natureza, para achegar aos rapaces e rapazas ao contorno que os rodea a través dos xogos, contacontos, obradoiros e saídas

- Entende a natureza, que pretende que os cativos e cativas cheguen a coñecer o medio que os rodea, a repercusións que teñen nel as súas actuacións, a través de simulacións e accións directas, incluíndo un aspecto científico á actividade.

O custo dos campamentos será de 195 euros, e no caso das familias con máis dun fillo contarán cun desconto do 10% no segundo e a partir do terceiro será do 15%. O prazo de presentación de solicitudes comezou o pasado 2 de xuño e continuará aberto ata cubrir o número de prazas. Para inscribirse pódese chamar ao teléfono 982 101 222 ou acudir ás oficinas de Gaia Animación sitas na Praza do Campo Castelo nº1. Para obter máis información pódese chamar ao número de información cidadá 010.

Díptico informativo


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova