Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo publica o Bando coas normas para a realización das Fogueiras de San Xoán


# Venres, 12/06/2009
O prazo para as solicitudes de permisos comeza o luns 15 de xuño e remata o 23

O EXCMO. SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO FAI SABER AS NORMAS ÁS QUE TEÑEN QUE AXUSTARSE TODAS AS FOGUEIRAS DE "SAN XOÁN" (LUME NOVO):

1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.

2ª.- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.

3ª.- O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deberán retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

4ª.- En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar de inmediato a fogueira.

5ª.- As solicitudes para obter o permiso para a queima faranse nos impresos que están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local.

As 13:00 horas do día 23 de xuño de 2009 finaliza o prazo de presentación de instancias.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova