Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PRESENTA UN COMPLETO PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O VERÁN 2009


16/6/2009 * Visitas Teatralizadas, xadrez, deportes, teatro, cursos de novas tecnoloxías, aulas abertas, tai- chi e teatro son algunhas das ofertas propostas

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron esta mañá a guía de actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo, e que por primeira vez engloba todas as actividades de diferentes Concellerías

Actividades culturais

Pola súa banda, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, indicou que este ano continuaranse a celebrar as Visitas Teatralizadas; Lugo de Alma Romana. Estas sesións que se desenvolverán do 3 de xullo ao 13 de setembro, levarán ao seu público por un percorrido da cidade orixinal e novidoso co que se sorprenderán lucenses e visitantes.

Manteranse as demostracións en vivo dos oficios tradicionais que terán lugar todos os sábados dende o 11 de xullo ao 12 de setembro no fondo da Praza Maior entre as 11:00 e as 14:00 horas pola mañá e das 17:00 e as 20:00 horas pola tarde. Os asistentes poderán ver aos artesáns, ferreiros, oleiros, tecedeiras, fiadeiras… Ademais, os días 25 de xullo, 15 de agosto e 12 de setembro, os vellos Oficios Vivos animaranse coa actuación de grupos de música tradicional galega.

A Concelleira lembrou que entre as actividades de verán organizouse o IX Certame de Pintura Rápida que terá lugar o domingo 12 de xullo polas rúas do centro histórico da cidade.

Lugo, en colaboración co Xacobeo, acollerá tamén tres concertos de Vía Stellae que terán lugar no Círculo das Artes ás 20:30 horas. O martes 7 de xullo actuará Marju Vatsel, Farran James e Santi Mirón que interpretarán as sonatas para clave, violín e viola da gamba de Bach, o xoves 9 de xullo actuará La Magnífica Comunitá que interpretarán Vivaldi: concertos para un e dous violíns, e o mércores 15 de xullo Xoán Elías Castiñeira interpretará Entre danza e melodía: pianismos románticos.

Outra das propostas da Concellería de Cultura e Turismo para o verán será a representación de Quien todo lo quiere de Lope de Vega na praza de Anxo Fernández Gómez ás 22:00 horas. A representación organizada polo Concello de Lugo e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales correrá a cargo da Aula de Teatro Universidad de Alicante.

Educación

A Concellería de Educación organiza unha programación de actividades de verán protagonizado polo xadrez e a lectura. As actividades encádranse nos programas “Verán Lúdico” e “Viaxe pola historia do xadrez” que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

O programa de “Verán Lúdico” desenvolverase na piscina descuberta de Frigsa luns, mércores e venres, en horario de 16:00 a 19:00 horas, e os martes e xoves de xullo e agosto das 16:00 ás 18:30 horas. As actividades, que van destinadas aos usuarios da piscina e son gratuítas, comprenden unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa.

Deste xeito, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas ao parchís.

A “Viaxe pola historia do xadrez” é un programa que se ven desenvolvendo dende fai anos e acadou un gran éxito de participación. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns ao xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas. Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Todos os xoves, de 19:00 a 21:00 horas, a Praza Maior acolle partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante. Mentres, os martes de 19:00 a 21:00 horas, percorrerá distintos barrios da cidade co seguinte horario:

  • O martes 14 de xullo e o 4 de agosto, na Praza do Castiñeiro;
  • O día 21 de xullo e o 11 de agosto visitará á Praza da Milagrosa;
  • O día 28 de xullo e o 18 de agosto estará no Centro Social do Sagrado Corazón;
  • O 25 de agosto rematará na Praza Roxa.

Ademais a praza Maior acollerá doutra actividade organizada pola Concellería que dirixe Vieiro, O Scacorum e o Baúl Viaxeiro, que se desenvolverá das 18:00 ás 20: 00 horas nas seguintes datas: do 22 ao 26 de xuño, do 14 ao 18 de setembro e do 21 ao 25 de setembro.

Por outra banda do 29 de xuño ao 24 de xullo terán lugar no Parque Infantil de tráfico os XIII Cursos de Verán de Educación Vial dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos.

Deportes

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, explicou hoxe que ao longo do verán a súa Concellería oferta un bo número de actividades.

Entre o 23 e o 28 de xuño terá lugar o Campus de Fútbol SCD Polvorín no campo de fútbol municipal de O Polvorín. Do 22 ao 27 de xuño o campo de fútbol López Gorgojo acolle outro campus para os futboleiros organizado polo SCD Milagrosa.

As instalacións deportivas municipais de Frigsa acollerán do 23 ao 28 de xuño o Campus de Baloncesto Cidade de Lugo.

Como outros anos a Concellería de Deportes organiza os cursos de verán de Piragüismo, que se desenvolverán nas instalacións do Club Fuvial nos meses de xullo e agosto e na primeira quincena de setembro.

Outra das actividades deportivas ofertadas polo Concello son os cursos de verán de Tiro con Arco que terá lugar no colexio de As Gándaras nos meses de xullo, agosto e setembro.

O Concelleiro anunciou unha nova actividade que terá lugar por primeira vez este verán e que se desenvolverá no novo Campo de beisbol do Ceao. A nova escola de béisbol comezará a principios de xullo e xa está aberto o prazo de inscrición que poderá realizarse na Casa do Deporte do Concello de Lugo.

Novas tecnoloxías

O interese do equipo de Goberno na formación nas novas tecnoloxías da cidadanía tamén continúa nos meses de verán. A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, explicou que a Aula Multimedia de O Castiñeiro acolle un bo número de actividades formativas en distintas materias como: uso de Internet, fotografía dixital, práctica co teclado, correo electrónico, creación de blogs, Linux, iniciación á informática e á navegación na Rede ...

Ademais a Concellería de Servizos Xerais, programou un conxunto de actividades especialmente dirixidas aos máis cativos:

  • Para nenos e nenas de entre 4 e 7 anos haberá cursos de xogos na rede.
  • Para nenos e nenas de 8 a 12 anos deseñáronse actividades de xogos na rede, de práctica co teclado, de vídeo e música na rede e tes un e-mail.
  • Para rapaces e rapazas de 13 a 16 anos haberá actividades de iniciación á navegación, vídeo e música na rede, fotografía dixital, práctica co teclado, e-mail e compartir información en blogs, chats e redes sociais.

Benestar Social

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, explicou que os cinco centros sociais do Concello de Lugo ofertarán novamente este verán numerosas actividades e obradoiros para os que se abre a próxima semana o período de inscrición.

O programa dos centros sociais varía sempre nos meses de xullo e agosto, cando os obradoiros pasan a celebrarse pola mañá e se orientan aos pequenos para axudar a conciliar a vida familiar e laboral.

Por isto, un 40% das prazas están reservadas para usuarios dos servizos sociais de atención primaria e persoas con discapacidade. Tamén terán preferencia os fillos de mulleres vítimas de malos tratos.

As actividades para os rapaces están orientadas ás actividades manuais como pintura, ou manualidades, contacto coa natureza, xogos de cores e informática. Todas elas serán gratuítas.

Para os adultos tamén se manterán algunhas actividades como castelán para persoas estranxeiras, en iniciación e avanzado, e a bioximnasia. Continúa este ano unha das actividades con máis éxito do verán o tai chi ao aire libre. Esta actividade está aberta a toda a poboación sen necesidade de inscrición previa. Terá lugar todos os martes e xoves de xullo e agosto de dez e media a once e media no parque Rosalía de Castro. Os luns e mércores será pola tarde, de sete e media a oito e media, no parque da Milagrosa.

Ociotecas

Para complementar a oferta, as ociotecas ou aulas creativas comezarán a funcionar tamén pola mañá, de nove a dúas e de catro a oito e media pola tarde. Seguirán no seu lugar habitual, na Milagrosa, Uxío Novoneyra, pero este ano contarán cun emprazamento novo: o Maruja Mallo. Están destinadas novamente a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

As ociotecas comezarán a funcionar con horario completo en canto remate o curso, o 23 de xuño. Ademais, volverán funcionar en xullo e agosto as aulas abertas, concretamente nos centros sociais de Fingoi, Lamas de Prado, Sagrado Corazón, Uxío Novoneira e da Milagrosa.

Haberá tamén cursos de apoio escolar organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello. Terán lugar de martes a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas nos meses de xullo e agosto no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro. Para esta actividade ofértanse 10 prazas para alumnos e alumnas da Eso.

Ademais, haberá un curso de baile no Centro Social Díaz Castro para mozos e mozas de entre 12 e 25 anos os luns e mércores ao longo do mes de xullo. Esta actividade será gratuíta e os rapaces e rapazas poderán aprender diferentes estilos de baile.

Por outra banda, a Basadre anunciou unha nova campaña do Servizo de Prevención das Drogodependencias que comezará este sábado día 20 de xuño para previr aos cidadáns, especialmente á mocidade, dos perigos que supón